O Conservatorio Superior de Música de Vigo acolle nesta volta de Semana Santa a Semana de Produción e Xestión musical , en relación directa cunha das especialidades do propio centro. Organizada polo alumnado da devandita especialidade, o centro acollerá a diversos expertos na materia.
O martes 6 de abril comenzaremos con Brais González ás 18 h. Un coñecido pianista da cidade olívica que leva anos desenvolvendo proxectos por toda Europa.
Continuaremos con Noa López o mércores 7 ás 19h. Unha productora con experiencia tanto en Galicia como en Latinoamérica.
As ponencias rematarán o venres 9 as 11 h. con Juan Carlos Fasero, membro da SGAE , e ás 12:30 h. con Edu Romero da promotora musical Coconut.
Todas as ponencias serán abertas ao público, exceptuando a que impartirá o martes 6 ás 10 h. telemáticamente, e de modo exclusivo aos alumnos da especialidade de Produción e Xestión do centro, Ramon Verberne, profesor de creación de proxectos na Universidade The Hage de Holanda.